Thursday 16 de May de 2024

Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase este sábado á cidade


Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este sábado, día 10, ás inmediacións do Xulgado de Paz de Xuvia. O vehículo permanecerá operativo en horario de 10.00 a 15.00, tal e como se indicou dende ADOS.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 900 100 828.